Benvido/a á IV Xornada Interuniversitaria Galega de Innovación Docente.

Un ano máis, as tres universidades públicas galegas (UDC, USC e UVIGO) traballamos de forma conxunta para consolidar un espazo de reflexión e intercambio de experiencias para a mellora do ensino e a aprendizaxe na educación superior.

A xornada presencial desta terceira edición, terá lugar o próximo 22 de outubro de 2026 na Escola Técnica Superior de Arquitectura (ETSAC) do campus da Zapateira (UDC).

A esta xornada presencial, pode asistir calquera persoa interesada na innovación docente universitaria. Só é preciso inscribirse no formulario habilitado na sección de Participación desta mesma páxina web.

O persoal docente e investigador das tres universidades ten a opción, novamente, de participar ademáis na modalidade de póster virtual. É dicir, pode participar nas dúas modalidades, póster virtual e xornada presencial, ou elixir só unha delas.